Share

​​Porto/Post/Doc | Foro Luso Galego Creatividade e Coprodución: inscricións ata o 19 de setembro

banner porto post doc

A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Portugal Film Commission volven colaborar co Porto/Post/Doc na organización dunha nova edición do Foro Luso Galego Creatividade e Coprodución, que terá lugar o 24 de novembro de 2025 no marco das xornadas de Industria deste festival.

Nun momento no que a colaboración transfronteiriza é cada vez máis decisiva para a competitividade e visibilidade das obras no mercado global, esta iniciativa pretende afondar nas conexións entre Galicia e de Portugal, promover o seu potencial creativo e impulsar proxectos conxuntos que reflictan a diversidade, innovación e ambición do sector audiovisual ibérico.

Aberto a diversos perfís de empresas galegas* e portuguesas que traballen con proxectos audiovisuais e/ou cinematográficos, abrangue todos os xéneros e formatos co fin de garantir a diversidade de participantes e a produtividade do encontro. As empresas deben ter proxectos en desenvolvemento ou indicar claramente no formulario a intención de procurar proxectos para coprodución.

Ao longo do día haberá reunións individuais previamente axendadas pola organización, así como momentos informais de networking. A acreditación no Foro dá tamén acceso ao resto das actividades do apartado Industria do Porto/Port/Doc, do 24 ao 27 de novembro.

Inscricións: ata o 19 de setembro a través deste FORMULARIO. Aceptaranse por orde de chegada ata completar as 50 prazas dispoñibles.

*A Axencia Galega das Industrias Culturais financiará unha noite de aloxamento no Porto ás produtoras galegas participantes (unha persoa por empresa).