Participación no MEET THEM do Festival de San Sebastián 2024: inscrición aberta
Un ano máis, o Departamento de Industria do Festival Internacional de Cine de San Sebastián convida, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, a unha delegación de produtores/as galegos/as a participar nas actividades do MEET THEM!:
https://www.
O Festival pon a disposición das persoas participantes acreditacións gratuítas e facilitará o acceso ás actividades profesionais e espazos de negocio. Tamén se publicitará a presenza no apartado Industria da páxina web oficial do evento.
Para formar parte desta delegación, cómpre enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.galrel="noreferrer" target="_blank" indicando:
- NOME E APELIDOS:
- EMPRESA PRODUTORA:
- E-MAIL:
- TELÉFONO:
-Os días nos que máis actividades de industria se concentrarán serán do luns 23 ao xoves 26 de setembro.
-Lembramos que ata o 4 de novembro (ou esgotamento do crédito) continúa aberta a liña de axudas da AGADIC para participar en foros de negocio especializados e eventos de cine.
