Share

Participación no MEET THEM! do Festival de San Sebastián 2025: inscrición aberta

O Festival Internacional de Cine de San Sebastián convida, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, convida a unha delegación de ata 12 produtores/as de Galicia a participar no MEET THEM!, a quen se lles facilitarán acreditacións para asistir ao Festival e ás actividades de Industria xunto con profesionais doutros territorios.

Os/as participantes terán a oportunidade de coñecer integrantes das outras delegacións nun encontro-café que se celebrará o luns 22 de setembro ás 17,00 h. no claustro do Museo San Telmo

As actividades de industria desenvolveranse no marco do Festival entre os días 22 e 24 de setembro de 2025. 

Para formar parte desta delegación, cómpre enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.galdata-extlink="" rel="noreferrer" target="_blank", indicando:

  • NOME E APELIDOS:
  • EMPRESA PRODUTORA:
  • E-MAIL:
  • TELÉFONO:

Prazo de inscrición: ata o 30 de xullo (só se admitirá unha persoa por empresa a non ser que non se cubran todas as prazas).

Lembramos que ata o 3 de novembro de 2025 (ou esgotamento do crédito) continúa aberta a liña de subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais en foros de negocio especializados e eventos de cine.