Participación en Womex 23 - A Coruña con GalicianTunes: preinscrición
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, pon á disposición das empresas musicais galegas a posibilidade de participar na feira Womex 23 (Worldwide Music Expo), que se desenvolve do 25 ao 29 de outubro na Coruña, baixo a marca compartida GalicianTunes. Como parte desta delegación, poderán facer uso para as súas reunións profesionais do stand habilitado no recinto feiral, ademais de se beneficiar dun desconto de 200 € sobre o prezo da acreditación. Habilitaranse ata 30 acreditacións bonificadas (máximo unha persoa por empresa).
Pasos a seguir:
- Preinscrición: ata o 2 de xuño a través do mail agadic [at] xunta.gal (subject: PREINSCRICI%C3%93N%20WOMEX) , indicando no asunto PREINSCRICIÓN WOMEX e achegando os seguintes datos:
- Nome da empresa e representante
- Mail e teléfono de contacto
- Unha vez pechada a listaxe, remitiráselles ás persoas preinscritas un código para facer efectivo o desconto.
- A inscrición definitiva en Womex formalizarase por parte de cada persoa a través da web www.womex.com, utilizando o devandito código de desconto.