PALCO. Abertas as inscricións profesionais

PALCO, o primeiro gran encontro galego da industria musical, abre as inscricións profesionais, que permitirán o acceso á programación do evento no Museo Gaiás, con mesas de traballo, charlas e obradoiros, reunións rápidas, pitchings e encontros, así como ás actuacións da programación artística en diferentes salas de concertos de Santiago de Compostela, do 3 ao 5 de novembro.
PALCO é un proxecto codeseñado no marco do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Empresas Musicais e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.