Share

Maré Pro: convocatorias para o programa de mentorías e networking

A Axencia Galega das Industrias Culturais colabora co festival Maré de Santiago de Compostela no financiamento duna nova edicion de Maré Pro, plataforma de intercambio cultural  que busca impulsar traxectorias artísticas e fortalecer o ecosistema musical mediante o diálogo, a colaboración e a circulación de proxectos.

Esta iniciativa profesional está dirixida especificamente a:

  • Artistas e bandas en fase de proxección, consolidación ou internacionalización.
  • Axencias, oficinas de management e selos interesados en abrir mercados.
  • Programación de festivais, salas e circuítos, responsables de feiras e mercados musicais, xestoras/es culturais, xornalistas e prescritoras/es.

O programa de 2025 desenvolverase o venres 26 de setembro na Sala Riquela, cos seguintes horarios:

  • 12:00 h. Mentorías. Seleccionaranse cinco artistas/bandas para reunións breves con cinco dos programadores/as convidados/as.
  • 12:15 h. Presentacións de proxectos: pitchs curtos de axentes, festivais e outras iniciativas.
  • 12:45 h. Networking cos 20 programadores/as de 10 países convidados este ano.

Con tal motivo, ábrense as convocatorias para:

As prazas son limitadas e estarán supeditadas á selección previa da organización.

Maré Pro incluirá, ademais, unha serie de concertos e showcases, tanto de artistas consagrados con doutros en fase de proxección e apertura de mercados, cun foco especial na música de Galicia.