Luns na Filmoteca - Galicia ProFilme: encontro con Lara Pérez-Camiña e Enrique Costa (ADICINE)
Inscrición aberta para o Luns na Filmoteca do mes de maio.
O novo ciclo de sesións profesionais Galicia ProFilme en colaboración coa Filmoteca de Galicia, no que se abordan os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica, terá lugar o vindeiro 5 de maio, ás 16,30 horas, na Sala José Sellier da Filmoteca, na Coruña (r/ Durán Loriga, 10), coa participación de LARA PÉREZ-CAMIÑA (BTeam Pictures) e ENRIQUE COSTA (Elástica Films), que comparten a presidencia da Asociación de Distribuidores Independientes Cinematográficos (ADICINE).
Ademais, as súas respectivas compañías son as distribuidoras das dúas películas españolas que competirán este ano pola Palma de Ouro no Festival de Cannes (Francia): Sirat, do cineasta galego Oliver Laxe; e Romería, da directora catalá Carla Simón. As dúas longametraxes contaron con apoio da Xunta de Galicia para a súa produción ou rodaxe.
Para participar na sesión, cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.galdata-extlink="". Tamén se pode solicitar cita previa coas persoas convidadas para consultas sobre proxectos cinematográficos en marcha escribindo a este mesmo mail. A axenda de reunións establecerase por orde de solicitude.