Share

Luns na Filmoteca - Galicia ProFilme: encontro con Saioa Riba

 

ProFilme Saioa

Segundo Luns na Filmoteca do ano, desta volta con Saioa Riba.

O novo ciclo de sesiones profesionais Galicia ProFilme en colaboración coa Filmoteca de Galicia, no que se abordan os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica, terá lugar o vindeiro 28 de abril, ás 16,00 horas, na Sala José Sellier da Filmoteca, na  Coruña (r/ Durán Loriga, 10), coa presenza de Saioa Riba, actual responsable de Industria do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. 

Saioa Riba incorporouse en 1993 ao festival donostiarra, onde desempeñou diferentes funcións vencelladas aos departamentos de Prensa e Zabaltegui. De 1997 a 2001 traballou na Semana Internacional da Crítica do Festival de Cannes e, máis adiante, no Festival de Cine de Mujeres de Créteil e no Festival de Arte e Ensaio de Aubervilliers. Desde 2009 colabora co Marché du Film (Festival de Cannes) e na organización de Ventana Sur (Buenos Aires) ata 2022.

Cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.galdata-extlink="". Tamén se pode solicitar cita previa coa convidada para consultas sobre proxectos cinematográficos en marcha escribindo a este mesmo mail. A axenda de reunións establecerase por orde de solicitude.