Share

Luns na Filmoteca - Galicia ProFilme: encontro con José Luis Rebordinos o 6 de xullo

 

Rebordinos

O ciclo de sesións profesionais Galicia ProFilme en colaboración coa Filmoteca de Galicia, ofrécelle ao sector audiovisual galego un encontro presencial con José Luis Rebordinos, director do SSIF-Festival Internacional de Cine de San Sebastián desde o ano 2011.

A cita será o 6 de xullo, ás 16:00 horas, na Sala José Sellier da Filmoteca, na Coruña (r/ Durán Loriga, 10).

Rebordinos falará das diferentes seccións do Festival de San Sebastián e os criterios de selección para o cine español, así como da ampla oferta de actividades que o certame organiza dentro do seu Industry Club. 


  • Cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.gal (audiovisual[dot]agadic[at]xunta[dot]gal)