Share

Luns na Filmoteca - Galicia ProFilme: encontro con Javier H. Estrada o 13 de abril

Javier H. Estrada

O ciclo de sesións profesionais Galicia ProFilme en colaboración coa Filmoteca de Galicia, que naceu en 2025 para abordar os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica, ten a súa primeira cita de 2026 o vindeiro 13 de abril, ás 16,00 horas, na Sala José Sellier da Filmoteca, na  Coruña (r/ Durán Loriga, 10), coa presenza de Javier H. Estrada, codirector da Seminci (Semana Internacional de Cine de Valladolid). 

Javier H. Estrada exerceu entre 2023 e 2025 como xefe de programación na Seminci, función que tamén desempeñou con anterioridade no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Traballou en distintos festivais como Filmadrid ou DocumentaMadrid, entre outros, ademais de exercer a docencia e a crítica cinematográfica en medios como Caimán. Cuadernos de Cine. En 2026 asume a codirección da Seminci xunto a Mariona Viader, reforzando a liña do certame centrada no cine de autor e con vocación internacional.


Cómpre confirmar asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic [at] xunta.gal (audiovisual[dot]agadic[at]xunta[dot]gal). Tamén se pode solicitar cita previa co convidado para consultas sobre proxectos cinematográficos en marcha escribindo a ese mesmo mail. A axenda de reunións establecerase por orde de solicitude.