Share

Galicia ProFilme: Xornada de formación en mercados internacionais do sector audiovisual

xornada 14 abril galicia pro filme

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia organiza, a través de Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), unha nova xornada de Galicia ProFilme, programa de formación continua para profesionais do audiovisual, que desta volta analizará a situación dos mercados no sector.

Na xornada haberá tres focos centrados en Portugal, Estados Unidos, Francia e Bélxica e, para rematar, reunións executivas individuais previa solicitude.


  • Data: martes, 14 de abril de 2026
  • Horario: a partir das 11,00 h
  • Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago. Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela
  • Inscrición: gratuíta a través deste formulario ata o 13 de abril
  • Programa