Share

Galicia Escena PRO 2026: Catálogo completo de espectáculos e actividades

GEP

A 13ª edición de Galicia Escena PRO, o mercado das artes escénicas organizado pola Xunta e a asociación profesional Escena Galega, reunirá do 25 ao 28 de maio en Santiago de Compostela un total de 252 profesionais da programación, distribución e produción de espectáculos. 

O encontro acada este ano cifras récord tanto de axentes acreditados como de propostas recibidas para a selección da carteleira en formato completo e de proxectos para presentacións rápidas tipo 'pitching'. 

Ábrese ao público a posibilidade de asistir de balde aos espectáculos programados en horario de tarde, previa recollida de convites na Zona PRO instalada no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías).