Share

Foro I+P Ideas para Producir do Clúster Audiovisual Galego: inscricións ata o 30 de setembro

O Clúster do Audiovisual Galego mantén aberto o prazo de inscrición de proxectos para a 20ª edición do I+P, Ideas para Producir, un foro que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, para impulsar o financiamento, a coprodución, a venda e a distribución de iniciativas de cine e televisión.

A cita celebrarase os próximos 26 e 27 de novembro no espazo Coruña Estudio Inmersivo (CEI) e reunirá produtores, guionistas, directores, televisións, plataformas, distribuidoras e outros axentes crave da industria para favorecer a creación de novas alianzas e oportunidades de negocio.

PODERÁN PRESENTARSE:

  • Longametraxes de ficción, animación e documental.
  • Series e miniseries de ficción, animación e documental.
  • Programas de televisión e outros formatos de entretemento.

Cada persoa ou empresa poderá rexistrar varios proxectos, aínda que unicamente un poderá ser seleccionado para participar no evento. 

INSCRICIÓNS:

O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas 

Toda a información na páxina web do Clúster Audiovisual Galego.