Foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia: inscrición aberta
A Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego, organiza o Foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia, que terá lugar no marco do Festival Abanea de Danza e Movemento.
- Mércores 16 de xullo de 2025
- Concello de Ames (Pazo da Peregrina)
- A partir das 16:00 horas
Trátase dunha xornada coordinada pola Federación Estatal de Compañías e Empresas de Danza (FECED), coa participación de Dance from Spain, compañías e profesionais, persoas dedicadas á programación e xestión do sector, co obxectivo de crear un espazo de diálogo, aprendizaxe compartida e reflexión sobre a proxección e circulación da danza de produción galega no contexto estatal e internacional.
- Reserva a túa praza no enderezo electrónico: formacion.ccg [at] xunta.galstyle="outline:none; color:blue; text-decoration:underline"
Programa previsto:
16:00–16:30 h. Café e recepción de participantes
16:30–18:30 h. Relatorio sobre as iniciativas para a proxección interior e exterior da danza de Galicia
18:45–19:45 h. Foro dinámico: Da ponencia ás nosas realidades
Ao remate do foro, poderase asistir ás actividades do Festival Abanea, desfrutando da programación:
20:00–20:30 h. Photocall e aperitivo de benvida
20:30 h. Inicio da carteleira escénica con:
-Estrea de A mona de seda, a cargo de María de Vicente
-Alleo, de Colectivo Glovo
-Burnt, de Cía. Lasala
-Pista de baile con sesión DJ en directo a cargo de Señora DJ