FOCO GALICIA DANZA na 33ª Quinzena de Danza de Almada: convocatoria
A Axencia Galega das Industrias Culturais abre convocatoria pública para participar no FOCO GALICIA DANZA da 33ª Quinzena de Dança de Almada-International Dance Festival, que terá lugar do 2 ao 5 de outubro de 2025 na localidade portuguesa.
Para: compañías profesionais galegas de danza que desenvolvan traballos escénicos contemporáneos ou en diálogo con outros estilos, como as danzas urbanas, tradicionais ou híbridas, e conten cunha peza de duración máxima de 20 minutos.
Prazo de presentación: do 16 ao 30 de xullo de 2025.
Selección: a cargo dunha comisión mixta composta por representantes da Quinzena de Almada e da compañía galega Colectivo Glovo, coa que se coordina o programa.
Comunicación das pezas seleccionadas: 7 de agosto de 2025.
Información completa e inscricións: a través do FORMULARIO indicado nas BASES da convocatoria.