Share

FOCO GALICIA DANZA na 34ª Quinzena de Dança de Almada: convocatoria

FOCO GALICIA DANZA 2026

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais abre convocatoria pública para participar no FOCO GALICIA DANZA da 34ª Quinzena de Dança de Almada-International Dance Festival, que terá lugar do 1 ao 4 de outubro de 2026 no marco do evento que se celebrará na localidade portuguesa.

A quen vai dirixido? Compañías profesionais galegas de danza que desenvolvan traballos escénicos contemporáneos ou en diálogo con outros estilos, como as danzas urbanas, tradicionais ou híbridas, e conten cunha peza de duración máxima de 20 minutos.

Prazo de presentación: do 12 ao 25 de maio de 2026

Selección das pezas: a cargo dunha comisión mixta composta por representantes da Quinzena de Almada e da compañía galega Colectivo Glovo, coa que se coordina o programa.

Comunicación dos proxectos seleccionados: 1 de xuño de 2026

Información completa e inscricións: a través do FORMULARIO indicado nas BASES da convocatoria.