Share

Films from Galicia 2025: recepción de materiais ata o 14 de xaneiro

 

 

imaxe films from Galicia

 

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia está a actualizar o vídeo e o catálogo FILMS FROM GALICIA de producións e empresas audiovisuais galegas que se difundirá nos mercados internacionais do sector durante 2025.

Para incluír as vosas obras e proxectos cómpre que acheguedes, ata o martes 14 de xaneiro como data límite, os seguintes datos e materiais:

Prégase que a información sexa clara e utilice linguaxe comercial. Ademais, a Axencia Galega das Industrias Culturais pon a disposición do sector un servizo de tradución ao inglés, polo que a información pode ser enviada no idioma orixinal.

O formulario en liña permite achegar unha ligazón de descarga cos materiais que se describen a continuación.

  • Imaxes representativas do proxecto ou da obra rematada:
    • Cartel (en inglés) ou, no seu defecto, fotograma atractivo coa maior resolución posible.
    • Varias fotos da rodaxe, de ser o caso, coa maior resolución posible.
  • Teaser, tráiler ou, no seu defecto, cortes de vídeo segundo proceda, con varieda- de de planos, a ser posible abertos, xunto co contrasinal de ser preciso. Se a obra conta con imaxes de rodaxe en espazos naturais, contornas ou edificios representativos, agradécese o seu envío para distintas accións promocionais de Galicia como territorio de rodaxe

IMPORTANTE:

  • No caso dos proxectos que conten con subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais, as convocatorias recollen a obriga de facilitar copias da documentación em- pregada na realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, trailers e outros materiais) para actividades de promoción do audiovisual galego.

  • No caso das longametraxes cinematográficas rematadas, incluiranse unicamente pelí- culas que tiveron a súa presentación pública a partir do 1 de xullo de 2024.

  • No caso das series de ficción, incluiranse unicamente obras emitidas con posteriorida- de ao 1 de xullo de 2024.

  • Aquelas obras que estean en fase avanzada de posprodución incluiranse como próxi- ma estrea en 2025 coa finalidade de dar una imaxe o máis actualizada posible, sem- pre que se poida garantir a presentación durante este ano.

  • Non se admitirán proxectos en desenvolvemento que xa estiveran en dúas edicións anteriores de FILMS FROM GALICIA, se non houbera evolución neles.

  • No caso de series de ficción e animación para TV, só se admitirán primeiras e segundas temporadas.

  • É preciso completar un formulario por cada produción.