Share

Edición 11ª de Conecta+: inscrición de proxectos ata o 8 de xaneiro

A Axencia Galega das Industrias Culturais patrocina unha nova edición de Conecta+, iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA para  poñer en contacto creadores/as que acheguen proxectos en fase de desenvolvemento con produtoras, tanto galegas como do resto de España e portuguesas, que poidan estar interesadas en levalos a cabo.

Pontevedra acollerá este 11º Conecta +, que terá lugar o venres 23 de xaneiro, de 16,30 h. a 20,30 h., no Pazo da Deputación Provincial. 


  • Inscrición de proxectos: ata as 23,00 h. do 8 de xaneiro de 2026 a través deste formulario.
  • Dossier Conecta+ 2026