Delegación galega ao European Film Market
Como cada ano, a Axencia Galega das Industrias Culturais contará cun espazo popio da marca Films from Galicia para difundir o audiovisual galego dentro do pavillón Cinema from Spain do European Film Market (EFM), que desenvolverá a súa próxima edición do 11 ao 18 de febreiro de 2026 en paralelo ao Festival Internacional de Cine de Berlín. Para reforzar esta promoción, está previsto que o 16 de febreiro se celebre un evento arredor do cinema galego, ao que se convidarán axentes internacionais participantes neste mercado profesional.
Con tal motivo, facemos un chamamento ás produtoras e profesionais con interese en asistir á feira alemá para que nolo fagan saber a través do mail audovisual.agadic [at] xunta.gal.
Información importante:
- As acreditacións do EFM manteñen un prezo especial ata o 10 de decembro de 2025.
- A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca cada ano subvencións á comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, a través das que as empresas produtoras e distribuidoras poderán financiar parte dos gastos de viaxe, aloxamento e inscrición neste e noutros eventos internacionais.
- Para aquelas persoas con interese en asistir ao EFM e pouca experiencia neste mercado, déixase aberta a posibilidade de organizar unha sesión preparatoria co fin de que obteñan o máximo rendemento da súa participación.