Programa Da Man para emerxentes en danza: resolución
O programa Da Man de acompañamento para emerxentes en danza, organizado por Amarelo co patrocinio da A Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego, acaba de dar a coñecer a resolución da súa terceira edición, na que seleccionou a artista emerxente Chechu Riquelme co seu proxecto Na outra banda.
Trátase dunha proposta que mestura danza contemporánea, baile tradicional galego e folclore arxentino, para percorrer o territorio íntimo da migración humana: o tránsito entre a perda e a reconstrucción, a ferida da soidade e a metamorfose da identidade. Un diálogo entre o corpo que deixa e o corpo que chega, recoñecendo cada viaxe e cada movemento como un proceso interno de transformación e autocoñecemento.