Programa Da Man para emerxentes en danza: resolución
Coa cabeza nas nubes, de Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco (Compañía SÖA), é o proxecto seleccionado na segunda edición do programa Da Man, organizado por Amarelo e Manu Lago co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego.
Da Man é unha iniciativa de acompañamento para emerxentes en danza, co obxectivo de impulsar novos proxectos artísticos nesta disciplina, promover a creación e dinamizar o mercado con novas linguaxes.