Share

Programa Da Man para emerxentes en danza: solicitude ata o 11 de novembro

A Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego, patrocina a segunda edición do programa Da Man de acompañamento para emerxentes en danza, que organizan Amarelo e Manu Lago co obxectivo de impulsar novos proxectos artísticos nesta disciplina, promover a creación e dinamizar o mercado con novas linguaxes.

Ábrese ata o 11 de novembro o prazo de solicitude para o proceso de selección  dun proxecto de danza de artista/s emerxente/s de Galicia ou residentes en Galicia, que non conten con máis de tres espectáculos integrados en circuítos/programacións profesionais e queiran iniciar o proceso de creación dunha nova peza, impulsar a súa compañía ou outro tipo de proposta arredor da danza.