Programa Cultura no Camiño: convocatoria
Publícase no DOG nº 27, do 10 de febreiro de 2026, a Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e se convocan para o ano 2026.
Código de procedemento: CT302B
Dotación: 250.000 euros
Prazo de solicitude: desde as 9,00 h do 17 de febreiro ata as 14,00 h do 17 de marzo de 2026
- Máis información no apartado Subvencións da web