Share

Subvencións do programa Cultura no Camiño: convocatoria

Publícase no DOG nº 29, do 12 de febreiro de 2025, a Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e pola que se convocan para o ano 2025.

Código de procedemento: CT302B

Dotación: 250.000 euros

Prazo de solicitude: das 9,00 h do 19 de febreiro ás 14,00 h do 21 de xullo de 2025