Contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia: apertura de listas para postos con destino no Centro Dramático Galego e na Filmoteca de Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) Núm. 39, do 27 de febreiro de 2026 publica a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
No Anexo Il (Listas que se abren) figuran grupos e categorías da Relación de Postos de Traballo da Axencia Galega das Industrias Cuilturais, con destinos no Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) e na Filmoteca de Galicia:
- Experto/a audiovisuais
- Técnico/a de son
- Rexedor/a de escena
- Técnico/a de luces
- Auxiliar de son
- Auxiliar de luces
- Proxeccionista
- Xastre/a
- Cargador/a. Tremoeiro/a
Prazo de presentación:
As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión ata o 30 de abril de 2026.