Contratación, con carácter temporal, dun posto de encargado/a de taller de escenografía: listaxe definitiva da avaliación de méritos e persoa seleccionada
Publícase a resolución do tribunal coa listaxe definitiva da avaliación de méritos por orde de prelación no novo proceso de selección para a contratación, con carácter temporal, dun posto de encargado/a de taller de escenografía, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Aplícase o establecido no punto 5.6 da convocatoria para casos de empate e concédese un prazo de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación para a presentación por parte da persoa seleccionada da documentación requirida para a formalización do contrato.