Conecta +: inscrición de proxectos ata o 8 de xaneiro
A Axencia Galega das Industrias Culturais patrocina unha nova edición de Conecta +, iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA para poñer en contacto creadores/as con proxectos en fase de desenvolvemento con produtoras, tanto galegas como do resto de España e portuguesas, que poidan estar interesadas en levalos a cabo.
Pontevedra acollerá este 10º Conecta +, que terá lugar o venres 24 de xaneiro, de 16,30 h. a 20,30 h., no Pazo da Deputación Provincial. Ademais, o sábado 25 de xaneiro celebrarase unha sesión de pitchting dos proxectos beneficiarios en 2024 da nosa convocatoria de subvencións para a escrita de guións audiovisuais.
- Inscrición de proxectos: ata as 23,00 h. do 8 de xaneiro de 2025 a través deste formulario.