Share

Conecta LAB de CREA: inscricións ata o 30 de novembro

ConectaLAB

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais patrocina a edición de 2023 de Conecta LAB, laboratorio de creación audiovisual organizado por CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización.

A iniciativa ten como obxectivo impulsar e acompañar o proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series de ficción e documentais. Os proxectos seleccionados reciben asesorías de guión e dirección por parte de recoñecidas figuras do sector e o proceso culmina cunha residencia artística de 10 días, coa illa de San Simón (Redondela) como sede principal.