Share

Conecta 2025: inscricións ata o 3 de novembro

A Axencia Galega das Industrias Culturais patrocina a 13ª edición de Conecta, iniciativa organizada por CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización) como evento de networking especialmente pensado para guionistas, profesionais da dirección e a creación, estudantes e, en xeral, todas aquelas persoas cunha idea ou un proxecto audiovisual en desenvolvemento.

Cando?

O 8 de novembro de 2025, entre as 10,00 e as 19,00 h.

Onde?

Na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela.

Inscricións

Ata o 3 de novembro, cubrindo este formulario.

Conecta está pensado para poñer en contacto guionistas e profesionais da dirección e obter feedback, consello profesional e/ou atopar eventuais compañeiras/os de viaxe. Con este obxectivo, ábrese a un amplo abano de creadores e creadoras, desde profesionais ata estudantes, con proxectos en calquera fase de desenvolvemento. A mecánica consiste nunha serie de reunións one-to-one onde se explican e se escoitan proxectos, polo que a inscrición pode ser con proxecto ou sen el.

Como todos os anos, os proxectos inscritos no Conecta serán especialmente valorados para Conecta +, un encontro con empresas produtoras que terá lugar no mes de xaneiro.

Conecta conta tamén co patrocinio da Fundación SGAE e a colaboración de AGAG, a Asociación Sindical Galega de Guionistas.