Share

Campaña de mobilidade 'Sobes ao autobús do teatro?' para o espectáculo do Centro Dramático Galego 'A serie clopen'

O Centro Dramático Galego convoca unha nova edición da súa campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro? dirixida aos concellos galegos. Neste caso, para asistir entre o 12 de setembro e o 26 de outubro ás funcións da produción propia A serie clopen que terán lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

  • Os concellos interesados poden inscribirse ata o 4 de xullo enviando un correo electrónico ao enderezo centro.dramatico.galego [at] xunta.gal.
  • As solicitudes xestionaranse en función da viabilidade e das posibilidades de encaixe nas rutas a seguir polos autobuses.
  • A proposta de data para dispoñer deste servizo ofertarase polo equipo de produción do Centro Dramático Galego en base a esa dispoñibilidade.