Share

Bolsa de dramaturxia e creación. Segunda edición

[27/03/2023] No Día Mundial do Teatro, publícase a Resolución do 23 de marzo de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais pola que se selecciona o proxecto presentado por Alejandro Sobrino (Xerpo) para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral a partir do texto Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, elaborado dentro da Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego.


[01/03/2023] Resolución do 1 de marzo de 2023 pola que nomea a comisión de valoración do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral no ano 2023 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego 2022-2023 Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva.


[02/01/2023] Resolución do 2 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral no ano 2023 a partir da dramaturxia elaborada dentro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego 2022-2023 Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva. O prazo de solicitude é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación.

O vindeiro 10 de xaneiro, ás 20:00 h, terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha lectura dramatizada de Bailar no ceo baixo a dirección de Gena Baamonde.