BIME Bilbao 2026: aberta a selección de proxectos para "El pitch global"
No marco da colaboración que a Xunta de Galicia mantén con BIME a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, dous proxectos musicais galegos terán a oportunidade de presentar a súa proposta no evento "El pitch global" dentro da programación profesional deste encontro internacional, que se desenvolverá en Bilbao do 27 ao 30 de outubro.
A convocatoria está aberta a persoas, equipos, empresas, organizacións, colectivos e entidades de calquera procedencia que estean a desenvolver un proxecto relacionado coa música ou o seu ecosistema. Poderán presentarse tanto proxectos xa en marcha como propostas en fase de desenvolvemento, sempre que conten cunha formulación suficientemente definida para poder ser presentadas e valoradas.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de setembro de 2026 a través deste FORMULARIO.