Axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia: convocatoria
Publícase no DOG nº 113 do 16 de xuño de 2025 a Resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Código de procedemento: CT207G
Dotación: 2.200.000 euros
Prazo de solicitude: do 23 de xuño ao 1 de outubro de 2025 (ou ata esgotamento do crédito)
- Máis información no apartado Subvencións da web