Axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia: convocatoria
Publícase no DOG nº 62, do 6 de abril de 2026, a Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026.
Código de procedemento: CT207G
Dotación: 2.200.000 euros
Prazo de solicitude: do 9 de abril ás 9,00 h ao 1 de outubro de 2026 ás 20,00 h (ou ata esgotamento do crédito).
- Máis información no apartado subvencións