Share

Aula CREA | Curso do director de fotografía Mauro Herce: inscricións ata o 24 de marzo ás 20,00 h.

curso mauro herce

CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, con el patrocinio de la Axencia Galega das Industrias Culturais, lanza o curso Camiño ou SIRÂT: o diálogo entre dirección e fotografía, impartido polo director de fotografía Mauro Herce.

Esta formación intensiva de 6 horas propón unha reflexión práctica sobre a relación esencial entre a dirección e a dirección de fotografía na creación audiovisual. Partindo da idea do camiño —ou sirât, entendido como unha travesía de decisións creativas—, o curso abordará como director/a e director/a de fotografía constrúen xuntos a linguaxe visual dun proxecto: desde a concepción estética ata a resolución técnica no set. Analizaranse procesos de traballo, metodoloxías de comunicación e ferramentas prácticas que permiten transformar unha intención narrativa nunha imaxe coherente e expresiva.

Dirixido a profesionais do sector audiovisual en activo, este encontro formativo busca abrir un espazo de intercambio de experiencias e coñecementos, no que se revisarán dinámicas reais de rodaxe, problemas habituais na relación creativa e estratexias para fortalecer unha colaboración fluída entre departamentos clave.

Contidos principais:

  • O director e o director de fotografía: roles, responsabilidades e zonas de intersección.
  • A construción dunha proposta visual: referencias, conceptos e toma de decisións.
  • Da idea ao plano: tradución da narrativa á linguaxe da luz, o encadre e o movemento.
  • Comunicación e metodoloxía de traballo entre departamentos.
  • Análise de secuencias e casos prácticos de produción.

Persoas destinatarias: profesionais do audiovisual en activo interesados en profundar nos procesos de colaboración creativa entre dirección e fotografía.

Duración: 6 horas (xornada intensiva nun único día).

Data e hora: sábado 28 de marzo de 10,00 a 14,00 horas e de 15,30 a 17,30 horas.

Lugar: Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n. Santiago de Compostela

Prazas: 20

Prezo: 60 euros para persoas asociadas a CREA / 100 euros para non asociadas. [Vaise a reservar mesa de grupo para comer na cantina do Gaiás (20 euros menú), a indicar na inscrición].

Inscricións: no enderezo electrónico coordinacion [at] crea.gal ata o martes 24 de marzo ás 20,00 h.