Share

Programa de residencias artísticas 'Atopémonos bailando': resolución

O programa de residencias artísticas Atopémonos bailando, coordinado por Colectivo Glovo, anuncia a resolución da súa convocatoria de 2025 coa selección de 11 artistas e compañías, que desenvolverán ao longo do ano os seus procesos de creación, investigación e vinculación co territorio desde perspectivas diversas e comprometidas coa contemporaneidade.

A Axencia Galega das Industrias Culturais volve colaborar con esta iniciativa, que se consolida como un espazo sostido para o acompañamento de prácticas artísticas ligadas á danza e ás artes en movemento, promovendo o encontro entre creadoras, contextos e comunidades. En concreto, nesta cuarta edición apóiase a realización de catro actividades expandidas dentro das residencias, das cales unha terá lugar en Portugal, fortalecendo así a dimensión internacional da proposta.