Share

Atopémonos Bailando 2026: convocatoria aberta ata o 5 de abril

atopemonos bailando 2026

A Axencia Galega das Industrias Culturais colabora coa consolidación e expansión das residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando, que chega este ano á súa quinta edición.

Este programa organizado por Colectivo Glovo converteuse nun espazo clave para a creación e experimentación no ámbito da danza e das artes do movemento. En 2026, grazas ao apoio da Agadic, fortalecerá a súa dimensión internacional coa realización de catro actividades expandidas. Unha delas levarase a cabo en Sintra (Portugal), en alianza coa estrutura portuguesa teatromosca – Auditorio AMAS, e outras tres actividades complementarias reforzarán o alcance do programa, ampliando os seus espazos de mediación e encontro coa comunidade artística e o público.

Este ano se seleccionaranse 13 proxectos, ofrecendo residencias en diversos espazos de Galicia, Portugal, España e Costa Rica. Os e as artistas participantes desenvolverán os seus procesos de investigación e creación en lugares como o Museo MIHL de Lugo, a 34.ª Quinzena de Dança de Almada, o teatromosca – Auditorio AMAS, o Teatro Experimental Flaviense - Cine-Teatro Bento Martins e o Centro Cultural de Macedo de Cavaleiros en Portugal, o Festival LaboXL en San Sebastián e o Taller Nacional de Danza de Costa Rica.

A convocatoria para presentar propostas estará aberta do 24 marzo ao 5 de abril e as residencias desenvolveranse entre abril e novembro de 2026.