Share

A AGAG convoca o VIII Premio Daniel Domíguez de Guión en Galego: recepción de orixinais ata o 15 de outubro

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) mantén aberta a convocatoria da oitava edición do Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe 2026, unha iniciativa que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e que busca recoñecer e impulsar a creación de guións cinematográficos de ficción escritos en lingua galega.

Toda a información está dispoñible na web da AGAG.