Share

Aberta a convocatoria para os premios de literatura dramática 2026

Publícase no DOG nº 249, do 26 de decembro de 2025 a Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas modalidades para a infancia e a mocidade e para persoas adultas, edición de 2026.

Código de procedemento: CT214A

Dotación: 26.000 euros (8.000 euros para o Álvaro Cunqueiro e 6.000 euros para cada un do resto de galardóns e categorías).

Prazo de presentación: do 27 de decembro de 2025 ao 30 de abril de 2026


  • Máis información no apartado Premios da web