Share

Aberta a convocatoria para os premios de literatura dramática 2024

Publícase no DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2024 a Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2024.

Código de procedemento: CT214A

Dotación: 26.000 euros (8000 euros para o Álvaro Cunqueiro e 6000 euros para cada un do resto de galardóns e categorías).

Prazo de presentación: do 10 de xaneiro ao 30 de abril de 2024


  • Máis información no apartado Premios da web