Shorts from Galicia 2025: recepción de curtametraxes ata o 27 de decembro
A Axencia Galega das Industrias Culturais pon en marcha o proceso de selección de curtametraxes para unha nova edición do catálogo SHORTS FROM GALICIA, que se difundirá durante 2025.
SHORTS FROM GALICIA 2025 conterá un máximo de seis obras finalizadas e incorporará ata un máximo de tres curtas en desenvolvemento. As obras finalizadas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
-
Dirección a cargo dun/dunha realizador/a galego/a
-
Primeira proxección pública con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2024, ou aínda sen estrear
-
Duración máxima: 30 minutos
As obras en desenvolvemento estarán a cargo dun/dunha realizador/a galego/a e coa inscrición haberá que achegar a seguinte documentación:
-
Guión finalizado
-
Memoria de dirección e de produción que reflicta o estado actual do proxecto
-
Plan de produción
-
Compromiso asinado de finalización en 2025
-
Outros materiais opcionais a ter en conta: plan de financiamento completado, cartas de compromiso, teaser, montaxe en work in progress, primeiro corte...
Para participar neste proceso de selección (curtas rematadas ou en desenvolmemento) hai que enviar este FORMULARIO e achegar a documentación e materiais solicitados (só no caso de curtas en desenvolvemento) ao correo electrónico shortsfromgalicia [at] gmail.com.
O prazo de recepción remata o 27 de decembro de 2024.
Un grupo de traballo nomeado pola Axencia Galega das Industrias Culturais será o encargado de seleccionar as obras deste catálogo de acordo cos criterios de calidade, diversidade e orixinalidade da proposta, e do seu potencial en canto á participación en festivais internacionais. Unha vez rematada a selección, solicitaráselles aos titulares das obras elixidas os materiais promocionais necesarios.
A Axencia Galega das Industrias Culturais resérvase o dereito de organizar algunha actividade puntual centrada no catálogo SHORTS FROM GALICIA, sempre con fins promocionais e co obxectivo de difundir o cinema galego, sen ánimo de lucro e informando aos titulares dos dereitos das obras.