Programa de residencias artísticas 'Atopémonos bailando': convocatoria
A Axencia Galega das Industrias Culturais renova a súa colaboración con Colectivo Glovo para o desenvolvemento do programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando, que acaba de abrir a convocatoria da súa cuarta edición.
Dirixida a profesionais de danza e artes do movemento de Galicia, así como do resto de España e Portugal, nesta nova entrega da iniciativa seleccionaranse 11 proxectos para a realización de dotras tantas residencias artísticas e/o de investigación (exclúense as técnicas) entre os meses de abril a novembro de 2025. Seis delas levaranse a cabo en Lugo e cinco, en réxime de intercambio con estruturas de Portugal, España e Costa Rica.
Solicitudes: do 11 ao 25 de marzo de 2025 (ata as 23:59 h) a través da web de Atopémonos bailando.