Share

Rueda reitera o apoio da Xunta ao audiovisual galego para seguir impulsando o seu crecemento

Pon en valor o gran momento que vive esta industria na comunidade e garante o respaldo do Goberno galego a través de iniciativas como a Galicia Film Commission para contribuír á súa promoción internacional

Reunión de Rueda con el sector audiovisual

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o gran momento que vive o audiovisual galego e quixo felicitar ao sector polo gran labor que levado a cabo para acadar este dinamismo. Así o salientou durante unha reunión cos presidentes da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez e do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, e o vicepresidente de Agapi, Xosé Lois Ledo, co fin de abordar a súa situación actual, os retos que teñen por diante e as oportunidades deste sector na comunidade.

Rueda, que estivo acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, quixo reiterar o compromiso da Xunta de seguir apoiando ao audiovisual feito en Galicia a través de iniciativas como a Galicia Film Commission. Esta plataforma virtual, que entrará en funcionamento este mesmo ano, servirá para a promoción internacional da comunidade como plató de cinema e de televisión, respondendo así a unha demanda destes profesionais. 

Esta iniciativa enmárcase no Plan Xeración Cultura do Goberno galego, que conta cun investimento de 34M€ para levar a cabo unha batería de 57 accións. Un impulso máis para continuar co crecemento do sector, fomentar a creatividade e reforzar a posición de Galicia como un referente competitivo.