Share

Román Rodríguez asiste á preestrea da serie 'O sabor das margaridas'

 Román Rodríguez asiste á preestrea da serie 'O sabor das margaridas'

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á preestrea de O Sabor das Margaridas. A serie, da CRTVG en coprodución con CTV, está producida integramente en galego e conta cun apoio de preto de 260.000 euros da Consellería a través da Axencia Galegas das Industrias Culturais (Agadic).
A serie, rodada en Galicia, será emitida internacionalmente en máis de 180 países.

María Mera, Nerea Barros, Ricardo de Barreiro e Tony Salgado conforman, entre outros,  o reparto desta serie policial dirixida por Miguel Conde. Ao longo dos seis capítulos dos que consta O Sabor das Margaridas os espectadores coñecerán a historia dunha axente da policía xudicial da Garda Civil, Rosa Vargas, que chega a un pequena vila para investigar a desaparición dunha moza.

No acto de preestrea o conselleiro estivo acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil.

-Facebook de 'O sabor das margaridas'