O director de Industrias Culturais da Xunta recibe a nova directiva da Academia Galega do Audiovisual

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Jacobo Sutil, reuniuse este mediodía cos representantes da nova directiva da Academia Galega do Audiovisual, encabezada polo produtor Álvaro Pérez Becerra como presidente.Á reunión asistiron, así mesmo, a coordinadora do departamento de Política Audiovisual da Agadic, Dolores Meijomín, e o director da Academia, Miguel Mariño. O novo equipo de dirección, elixido para o período 2021-2023, avanzoulle ao responsable de Industrias Culturais as que serán as principais liñas de actuación durante o seu mandato, así como os traballos previos da que será a vixésima edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, que organiza cada ano co apoio da Xunta, entre outras entidades.
-Academia Galega do Audiovisual