Share

O director de Industrias Culturais aborda vías de apoio coa nova asociación de narración oral galega

O director de Industrias Culturais aborda vías de apoio coa nova asociación de narración oral galega

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse con con Atenea García e con Cándido Pazó como representantes da nova Asociación de Narración Oral Galega (NOGA), constituída o pasado 1 de outubro no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo co obxectivo de darlle visibilidade e dignificar o exercicio profesional deste colectivo.
A primeira directiva de NOGA está integrada por Atenea García (presidencia), Vero Rilo (vicepresidencia), Beatriz Campos (tesourería), Olga Abad (secretaría) e Marta Ortiz e Caxoto (vogalías). Conta xa con 30 profesionais asociados, que reivindican a especial tradición, variedade e calidade da actividade que neste ámbito se dá na nosa Comunidade. Na xuntanza mantida como un dos primeiros encontros para tratar a colaboración  entre esta formación e as distintas institucións, abordáronse posibles vías de apoio por parte da Xunta de Galicia que impulsen as finalidades de NOGA e contribúan ás súas prioridades laborais.