O director da Agadic reúnese co novo presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi)

Na reunión, que se celebrou na sede da Agadic na Cidade da Cultura de Galicia, tratáronse accións en curso e colaboracións futuras entre as dúas entidades, ademais de servir para a presentación formal de Felipe Lage (Zeitun Films) como principal representante da Agapi, asociación que acaba de celebrar o seu 25º aniversario ao servizo do sector audiovisual galego. Completan o seu actual órgano directivo José Luis Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega), como vicepresidente; Luisa Romeo (Frida Films), como secretaria; Andrea Vázquez (Miramemira), como tesoureira; e os vogais Daniel Froiz (Matriuska Producciones), Dolores Ben (Cinemar Films), J. Antonio Velo (Astrágalo Studio), Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes) e Jesús Manuel López Cernadas (Tex45).