Share

O director da Agadic participa na presentación do 15º festival Play-Doc de Tui

O director da Agadic participa na presentación do 15º festival Play-Doc de Tui

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) participou hoxe na presentación da décimo quinta edición do Festival Internacional Play-Doc, que se desenvolverá en Tui do 3 ao 7 de abril con proxeccións, actividades formativas, musicais e encontros profesionais arredor do xénero documental. Na rolda de prensa celebrada no Teatro Municipal tudense, sede principal do festival, participaron tamén o alcalde, Carlos Padín, o codirector do Play-Doc, Ángel Sánchez, e Beli Martínez, responsable da sección Panorama Galicia.
O director da Agadic valorou de xeito moi positivo os contidos de Play-Doc, que este ano lle dedica monográficos ao actor do Hollywood dos 50 Sterling Hayden e ao cineasta filipino de culto Kidlat Tahimik. Destacou especialmente a inclusión na carteleira de obras de realizadores galegos, tales como Arancha Brandón, Iria Sanjurjo, Eloy Domínguez Serén, Alexandre Cancelo, David Varela ou Adrián Canoura.

-Web do Play-Doc