Aceleradora musical

Aceleradora cultural de proxectos musicais

Segunda edición deste programa de aceleración para lles brindar impulso ás carreiras de artistas e grupos de música emerxentes e con especial potencial de proxección.

[30/11/2023] Publícase a Resolución do 23 de novembro de 2023 pola que se procede á selección dos seguintes proxectos para a súa participación na segunda edición do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais:

Futuro Alcalde
Catuxa Salom
French Riviera
Javier Lago
Eris MacKenzie
Filloas
Verter GZ
Candela Liste
Abril
Amoebo
Marian
Habló Pablo


[15/09/2023] Publícase no DOG nº 176 do 15 de setembro de 2023 a Resolución do 20 de xullo de 2023 pola que se convoca, para o ano 2023, o procedemento para a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241.

Código de procedemento: CT402H

Dotación: 249.960 euros

Prazo de presentación: 16 de setembro ao 16 de outubro de 2023

Prazo de resolución: 5 meses

Presentación de solicitudes: A través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Convocatoria: DOG nº 176 do 15 de setembro de 2023


[13/09/2023] Publícase a Resolución do 13 de setembro de 2023 pola que se selecciona a Fundación Paideia Galiza como entidade colaboradora na xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241.


[09/08/2023] Publícase no DOG nº 151 do 9 de agosto de 2023 a Resolución do 4 de agosto de 2023 de modificación da Resolución do 20 de xullo de 2003 pola que se convoca, para o ano 2023, o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241.

A modificación afecta ao Anexo I, no punto terceiro do manifestado polas partes no convenio e nas cláusulas terceira e quinta.


[03/08/2023] Publícase no DOG nº 147 do 3 de agosto de 2023 a Resolución do 20 de xullo de 2003 pola que se convoca, para o ano 2023, o procedemento de concorrencia competitiva cara á selección dunha entidade colaboradora na xestión da segunda edición do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241.

O obxecto da colaboración é o deseño, xestión e desenvolvemento das actividades desta iniciativa nos ámbitos de: consultaría, mentoring, confección de produtos musicais, presentación e difusión de proxectos, participación en eventos do sector musical das entidades seleccionadas como beneficiarias para participar no programa da aceleradora.

Para estes efectos, subscribirase un convenio de colaboración entre a entidade colaboradora e a Axencia Galega das Industrias Culturais segundo o modelo que figura como anexo I na convocatoria.

Código do procedemento: CT402G

Data de publicación: 3 de agosto de 2023

Prazo de presentación: Do 4 ao 25 de agosto de 2023

Prazo de resolución: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao do final do prazo de presentación de solicitudes

Presentación de solicitudes: A través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Convocatoria: DOG nº 147 do 3 de agosto de 2023


Share