Share
23/08/2025 - 22:00h | Praza de San Sebastián | O Porriño

Xira 25 aniversario

  • Espectáculo de música a cargo de Emilio Rúa

Xira  25 aniversario
Cultura no Camiño

Concerto en lingua galega. No que fai un repaso de 25 anos de carreira desde a saída do seu primero disco.

Espectáculo fresco e intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade no que Emilio Rúa toca guitarra, piano, pandeiro e armónica.

Emilio Rúa conta con dous premios nacionais de cantautores, o de Cantigas de mayo ( Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx ( 2006 ), cantando sempre en galego.

Leva actualmente 37 anos anos adicados á música dende que comezara con sete anos no grupo familiar Concorde Atenea e dende o ano 2000 que comeza a súa carreira discográfica leva 11 discos en galego.